| Publicada la nueva orden reguladora de pesca submarina |
| jueves, 24 de septiembre de 2009 | |
|
Desde la Federacón Galega de Actividades Subacuáticas se recomienda el cumplimiento estricto de la norma en cuanto no haya otras resoluciones diferentes.
En los detalles más discutidos:
DIÁS DE SEMANA: prohibido los día de semana a partir del 30 de Septiembre, hasta el 1 de Mayo. Límite de capturas: 5 kg (exceptuando una pieza)
Para quejas, o propuestas a la Xunta se pueden hacer aquí
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se desenvolveo Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítimade recreo. O Decreto 211/1999, do 17 de xuño, regula apesca marítima de recreo. Nel establécense tanto condicións para oexercicio desta actividade de carácter recreativo como as modalidadesde licenza e as autorizacións necesarias para a súa práctica. A Orde do 13 de agosto de 1999, pola que sedesenvolve o Decreto 211/1999, do 11 de xuño, foi anulada pola sentenzado 30 de setembro do 2003, da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia; esta resolución xudicial foiconfirmada en casación pola sentenza do 30 de maio de 2006, da Sala doContencioso-Administrativo do Tribunal Supremo. Esta orde dítase coa finalidade de desenvolverdeterminados aspectos do referido decreto que, pola súa especificidadeou polo seu carácter conxuntural, resulta máis oportuno remitir á unharegulación posterior. Por outra banda, búscase unha simplificacíónadministrativa do procedemento de concesión das licenzas, tendo enconta o regulado no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que sesimplifica a documentación para a tramitación dos procedementosadministrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos. En concreto, é obxecto desta orde regular oprocedemento para a obtención e renovación das distintas modalidades delicenza que habilitan para a práctica da pesca marítima recreativa, asícomo o procedemento para a obtención das autorizacións temporais dasembarcacións da lista 6ª do Rexistro de matrícula de buques, asautorizacións para a celebración de concursos e competiciónsdeportivas, así como a validación das licenzas procedentes doutrascomunidades autónomas ou doutros estados membros. Así mesmo, establécense os topes máximos decaptura aos que habilitan as distintas modalidades de licenza ouautorización, os útiles de pesca, as zonas nas que está prohibido oexercicio da pesca recreativa submariña, así como o horario da pescamarítima de recreo. Estas limitacións obedecen a medidas de proteccióndos recursos mariños, necesariamente variables en función do seu estadode conservación ou explotación, polo que deben incardinarse nunha normasusceptible de ser modificada coa suficiente inmediatez para adaptarseás circunstancias do medio sen menoscabo das necesarias garantíasxurídicas. En consecuencia, en virtude do disposto nadisposición derradeira primeira do Decreto 211/1999, do 17 de xuño, econsultado o sector, DISPOÑO: Artigo 1º.-Obxecto. O obxecto desta orde é regular o procedementopara a obtención e renovación das distintas modalidades de licenza quehabilitan para a práctica da pesca marítima de recreo, así como oprocedemento para a obtención das autorizacións das embarcacións dalista 6ª do Rexistro de matrícula de buques e a validación das licenzasde pesca submariña concedidas por outras comunidades autónomas ou poroutros estados membros. Así mesmo, determina as zonas nas que estáprohibido o exercicio da pesca marítima de recreo submariña, os topesmáximos de captura autorizados e certas condicións relativas ásautorizacións para a celebración de concursos e competicións deportivas. Artigo 2º.-Órgano competente para a expedición e renovación da licenza de pesca marítima de recreo. A expedición e renovación das licenzas reguladasnesta orde correspóndelle ás xefaturas territoriais dos departamentosterritoriais da consellería con competencias en materia de pesca. Artigo 3º.-Documentación necesaria para a obtención ou renovación da licenza de pesca marítima de recreo. Para a obtención ou renovación da licenzamarítima de recreo será necesario presentar a seguinte documentación,de acordo coas modalidades que se definen no Decreto 211/1999, do 17 dexuño: a) Para a licenza de pesca marítima de recreo en superficie: -DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta. -Xustificante do pagamento da correspondente taxa. b) Para a licenza de pesca marítima de recreo submariña: -DNI, pasaporte, ou autorización para a súa consulta. -Certificado médico oficial que acredite aaptitude para a práctica da pesca submariña. Os certificados médicosque cumpran os requisitos do artigo 25 da Orde do 14 de outubro de 1997pola que se aproban as normas de seguridade para o exercicio deactividades subacuáticas terán unha validez de dous anos. O resto doscertificados médicos considerarase que terán unha validez dun ano desdea data de emisión. -Póliza de seguro de accidentes eresponsabilidade civil que cobra os accidentes en que puidese incorrero titular da licenza durante o período da súa validez. -Licenza de armas ou tarxeta federativa que a substitúa. -Xustificante do pagamento da correspondente taxa. -Documento que acredite o consentimento paterno, materno ou titorial cando o solicitante sexa menor de idade non emancipado. Artigo 4º.-Presentación da solicitude de obtención ou renovación da licenza de pesca marítima de recreo. 1. As solicitudes de obtención ou renovación dalicenza de pesca marítima en superficie poderán presentarse, á elecciónda persoa solicitante, por vía escrita ou por vía telemática daseguinte forma: 1) Vía escrita (en soporte papel). A persoa interesada presentará a solicitude deconformidade co modelo que figura no anexo II desta orde, xunto cosdocumentos sinalados no artigo 3.a), nas xefaturas territoriais dodepartamento territorial correspondente da consellería con competenciasen materia de pesca, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común. Tamén poderán expedirse ou renovarse as licenzas,nas entidades financeiras nas que se realice o pagamento da taxa e quesubscribisen o correspondente convenio de colaboración coa Xunta deGalicia para a tramitación de licenzas de pesca marítima de recreo ensuperficie. Neste caso unicamente será necesario a presentación do DNIou pasaporte. 2) Vía telemática (por medios electrónicos): Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://xunta.es/servicios, en concreto para este procedemento http://xunta.es/apps/1pd, onde se disporán os medios de axuda para a presentación da solicitude e a obtención ou renovación da licenza. O solicitante poderá acceder a este servizo paraobter ou renovar a licenza empregando un certificado dixital en vigorbaixo a norma X.509 V3, consonte o disposto no Decreto 164/2005, do 16de xuño (DOG do 24 de xuño) e modificado polo Decreto 38/2009, do 19 defebreiro (DOG do 3 de marzo) polo que se regulan e determinan asoficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración públicada Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático daXunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán, e realizando opagamento da taxa por algún dos procedementos habilitados. Para a renovación da licenza poderá acceder taménsen contar co certificado dixital, unicamente introducindo o par:número do documento de identidade e número de licenza. 2. Para as solicitudes de obtención ou renovaciónda licenza de pesca marítima submariña, a persoa interesada presentaráa solicitude, de conformidade co modelo que figura no anexo III destaorde, xunto cos documentos sinalados no artigo 3.b), nas xefaturasterritoriais do departamento territorial correspondente da conselleríacon competencias en materia de pesca, sen prexuízo do disposto noartigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico dasadministracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 5º.-Prazo para a renovación da licenza de pesca marítima de recreo. A licenza de pesca marítima de recreo poderá renovarse cunha antelación mínima de dous meses antes da fin da súa vixencia. Artigo 6º.-Validez das licenzas en zonas de desembocadura. 1. No exercicio da pesca nas áreas dedesembocadura (límite inferior ata límite superior) establecidas noDecreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réximexurídico das licenzas que habilitan para o exercicio da pesca nas augasda Comunidade Autónoma de Galicia, poderase utilizar indistintamente aslicenzas de pesca marítima ou fluvial. 2. Ambas licenzas habilitan, nestas zonas, para a pesca tanto das especies marítimas como das fluviais non anádromas. Artigo 7º.-Convalidacións. Para a convalidación dunha licenza de pesca derecreo submariña vixente, outorgada por outra Administración públicanacional ou dun Estado membro da Unión Europea, será necesario achegarcopia da licenza expedida pola dita Administración, acompañada doxustificante de pagamento da taxa correspondente. Artigo 8º.-Autorizacións temporais das embarcacións da 6ª lista do Rexistro de matrícula de buques. 1. Os titulares das embarcacións da 6ª lista doRexistro de matrícula de buques que se dediquen ao exercicio da pescamarítima de recreo presentarán unha solicitude de conformidade comodelo que figura no anexo IV desta orde, na xefatura territorial dodepartamento territorial correspondente da consellería con competenciasen materia de pesca, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei30/1992, do 26 de novembro. 2. Na solicitude para a actividade indicarán onúmero de persoas para as que solicitan autorización. Virá acompañadada seguinte documentación: a) DNI, pasaporte ou autorización de consulta. b) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do rol da embarcación. c) Fotocopia compulsada ou autenticada notarialmente do despacho ante Capitanía Marítima. d) Xustificante do pagamento da taxa correspondente. 3. A expedición desta autorización correspóndelleás xefaturas territoriais dos departamentos territoriais da conselleríacon competencias en materia de pesca. A súa validez será dun ano. Artigo 9º.-Concursos, campionatos e competicións deportivas. 1. Para a celebración de concursos, campionatos ecompeticións deportivas de pesca recreativa, deberá solicitarseautorización como mínimo cun mes de antelación, empregando o modelo doanexo V. As solicitudes presentaranse na xefatura territorial dodepartamento territorial correspondente da consellería con competenciasen materia de pesca, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei30/1992, do 26 de novembro. 2. Na solicitude farase constar como mínimodía/s, mes, hora, modalidade, duración, plano da situación da zona enormativa que rexerá o concurso, campionato ou competición, así como onúmero previsto de participantes. As datas previstas poderán ser noperíodo dun ano, contado a partir da data da solicitude. Deberáacompañarse o xustificante de pagamento da taxa correspondente. 3. En todo caso, os organizadores deberángarantizar o seu correcto desenvolvemento, facéndose responsables dosdanos que puidesen ocasionar por incumprimento das condiciónsestablecidas na autorización. 4. A expedición desta autorización correspóndelleás xefaturas territoriais dos departamentos territoriais da conselleríacon competencias en materia de pesca. 5. A devandita autorización non exime danecesidade de contar con outras autorizacións, en especial asrelacionadas coa seguranza marítima previstas no Real decreto 62/2008,do 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións deseguranza marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ásconcentracións náuticas de carácter conmemorativo e probasnáutico-deportivas. 6. Unha vez celebrada a competición oucampeonato, os responsables destes deberán remitir á dirección xeralcon competencias en materia de pesca no prazo dun mes desde a data dasúa celebración, o rexistro das capturas feitas no evento, indicandoespecie, número e peso. A non remisión dos ditos datos levará consigoque non se volva autorizar outro evento á mesma entidade. Artigo 10º.-Autorización de inmersións. As persoas que realicen inmersións con equiposautónomos nas zonas definidas como prohibidas no artigo 11º e o anexoVI, deberán solicitar autorización, utilizando o modelo recollido noanexo V, cunha antelación mínima de quince días á data da realizaciónda actividade, á xefatura territorial do departamento territorialcorrespondente da consellería con competencias en materia de pesca. Artigo 11º.-Limitacións, distancias e zonas prohibidas. 1. Establécense como limitacións e distanciaspara a práctica da pesca marítima de recreo, nas dúas modalidades, asreguladas nos artigos 15 e 18 do Decreto 211/1999. 2. Decláranse prohibidas para a práctica da pesca de recreo submariña as zonas sinaladas no anexo VI. Artigo 12º.-Especies e topes de captura. 1. A licenza para a práctica da pesca marítima derecreo só habilita para a captura de cefalópodos e peixes, agás aanguía, debendo, en todo caso, respectar as épocas de extracción etamaños que regulamentariamente se establezan. 2. Segundo o disposto no artigo 30.9º da Lei7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, está prohibido pescar salmónse reos nas rías e augas marítimas interiores competencia da comunidadeautónoma. 3. En calquera modalidade de pesca marítima derecreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por licenza edía, podendo non computarse o peso dunha peza que exceda o peso do topeestablecido. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso dotope establecido. Para o caso do polbo, o límite será dúas pezas porpescador e día. 4. Se a pesca de lecer se realiza desde unhaembarcación da 7ª lista do Rexistro de matrícula de buques, o máximo decapturas por licenza e día será de cinco quilogramos, cun tope máximopor embarcación e día de dezaseis quilogramos, se son máis de tres aspersoas embarcadas titulares de licenza. 5. Para as embarcacións da 6ª lista do Rexistrode matrícula de buques, o máximo de capturas por persoa e día será decinco quilogramos, podendo non computarse o peso dunha peza que excedao peso do tope establecido. Só se permitirá a tenza dunha peza queexcede o peso do tope establecido. 6. Sen prexuízo do anterior, mediante resoluciónda consellería con competencias en materia de pesca, poderánestablecerse medidas de protección específicas para determinadasespecies e/ou zonas, cando o estado da explotación do recurso así oaconselle. 7. As embarcacións non poderán pescar, almacenar,transportar, transbordar nin efectuar descargas superiores aos topesmáximos de capturas sinalados nos puntos anteriores, aínda que estascorrespondan a varios días continuos de navegación. 8. Para utilizar como cebo, os titulares delicenzas de pesca marítima de recreo en superficie poderán capturardiariamente ata un total de: -50 poliquetos, segundo as condiciónsestablecidas no artigo 9 da Orde do 6 de febreiro de 1998 pola que seregula a extracción de poliquetos, vermes mariños para cebo, no litoralde Galicia. -40 cangrexos en total das seguintes especies:cangrexos zapateiros (Pachygrapsus marmoratus) e cangrexo común(Carcinus maenas). -200 g de pulgas de mar. -100 g de camaróns, quisquillas (quedando prohibida a captura do camarón común (Palaemon serratus). Artigo 13º.-Horario de pesca recreativa. 1. A pesca marítima de recreo en superficie poderá realizarse durante todos os días do ano. 2. A práctica da pesca marítima de recreosubmariña estará permitida unicamente os sábados, domingos e festivosde carácter estatal ou autonómico. No período comprendido entre o xovese o domingo de Semana Santa, e entre o 1 de maio e o 30 de setembropoderá ser practicada todos os días. 3. A pesca marítima de recreo de superficie desdeembarcación e a pesca marítima de recreo submariña, realizaranse dentrodo horario diurno, comprendido entre o orto e o ocaso. Artigo 14º.-Artes e útiles autorizados. 1. Na práctica da pesca marítima de recreo en superficie, únicamente se poderán utilizar por licenza: -Dúas canas ou sedais cun máximo de seis anzós. -Dúas poteiras. -Dúas garabetas. -Un gancho. Para os efectos desta disposición os cebos artificiais consedéranse como anzós. 2. Autorízase, como arte auxiliar, o emprego dun trueiro. 3. Calquera outro tipo de artes ou aparellos depesca, diferentes aos autorizados neste artigo, serán consideradosantirregulamentarios, calquera que sexan as súas medidas ou cantidadese o seu emprego en actividades de pesca ou tenza a bordo de embaraciónsde recreo queda prohibido. Disposición adicional Única.-A pesca recreativa levada a cabo en zonasque conten con algún tipo de protección, tanto ambiental comopesqueira, efectuarase conforme os requisitos establecidos na normativareguladora destas, sendo necesario, en caso de que estea permitida adita actividade, contar coa preceptiva licenza establecida nesta orde. Disposicións derrogatorias Primeira.-Queda derrogada a Orde do 14 de xuño de2005 pola que se regula a obtención e renovación das licenzas de pescamarítima de recreo en superficie clase A. Segunda.-Queda derrogada a disposición adicionalprimeira e segunda da Orde do 13 de decembro de 2006 pola que sedesenvolve o Plan de recuperación do polbo e se ditan normas para aaprobación de plans zonais. Terceira.-Quedan derrogadas, así mesmo, cantas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan a esta orde. Disposicións derradeiras Primeira.-Facúltase o director xeral deOrdenación e Xestión dos Recursos Mariños para adoptar todas as medidasnecesarias para o desenvolvemento desta orde. Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2009. Rosa Mª Quintana Carballo Conselleira do Mar Ver referencia pdf "18800D001P006.PDF" ANEXO VI Límites inferiores para a pesca recreativa submarina Zonas do litoral nas que está prohibida a práctica da pesca marítima de recreo submariña. 1. En todas as rías, por dentro das seguintes liñas: -Ría de Ribadeo: entre punta da Cruz (659299,4824720) (-7º 01.754', 43º 33.388') e Illa Pancha (658370, 4824645)(-7º 02.445', 43º 33.360'). -Ría de Viveiro: entre Punta Socastro (612356,4841755) (-7º 36.394', 43º 43.101') e Punta Faro (614150, 4841020) (-7º35.074', 43º 42.688'). -Ría do Barqueiro: entre Punta Almeiro (606785,4846520) (-7º 40.492', 43º 45.724') e Punta Coba Baixa (606995,4844780) (-7º 40.357', 43º 44.782'). -Ría de Ortigueira: entre Punta do Castro(591590, 4843780) (-7º 51.844' 43º 44.366') e Punta Espasante (595815,4842395) (-7º 48.712', 43º 43.586'). -Ría de Ferrol: Punta Redonda (559155, 4812775)(-8º 16.212', 43º 27.815') e Punta do Vispón (559360, 4813200) (-8º16.057', 43º 28.043'). -Ría de Ares-Betanzos: entre Punta Miranda(560105, 4807700) (-8º 15.549', 43º 25.069') e Punta Redonda (557000,4805525) (-8º 17.856', 43º 23.908'). -Ría da Coruña: entre Dique Barrié (550825,4801770) (-8º 22.452', 43º 21.906') e Punta Mera (552265, 4803670) (-8º21.374', 43º 22.927'). -Ría de Corme-Laxe: Entre Punta do Chans (502010,4790115) (-8º 58.602', 43º 15712') e Punta Cabalo (501685, 4786500)(-8º 58.843', 43º 13.759'). -Ría de Camariñas: entre Punta Villueira (484455,4774595) (-9º 11.553', 43º 07.317') e Punta Chorente (483970, 4772595)(-9º 11.907', 43º 06.236'). -Ría de Corcubión: entre Punta Bardullas (478930,4750305) (-9º 15.573', 42º 54.185') e Punta da Nasa (483050, 4751765)(-9º 12.548', 42º 54.980'); e entre Cabo Cee (485160, 4751730) (-9º10.996', 42º 54.964') e Punta Galera (487110, 4751185) (-9º 09.562',42º 54.672'). -Ría de Muros e Noia: entre Punta Reburdiño(496200, 4735510) (-9º 02.875' 42º 46.208') e Illa de Santa Catalina(498865, 4736975) (-9º 00.920', 42º 47.001') e entre esta última ePunta Refins do Cons (504080, 4734240) (-8º 57.095', 42º 45.522'). -Ría de Arousa: entre Punta Cabío (506695,4715175) (-8º 55.191', 42º 35.220') e Punta Barbafeita (509005,4713185) (-8º 53.504', 42º 34.143') e entre Punta Castelo (510450,4708385) (-8º 52.453', 42º 31.548') e Cabeza do Mouro (509000, 4704750)(-8º 53.515', 42º 29.585'). -Ría de Pontevedra: entre Punta Santa Marina(519515, 4693680) (-8º 45.861', 42º 23.592') e Punta Chirleu (521800,4691850) (-8º 44.199', 42º 22.600'). -Ría de Aldán: entre Punta Preguntoiro ou do Bon(514685, 4684840) (-8º 49.395', 42º 18.822') e Punta Chirleu (513505,4682320) (-8º 50.258' 42º 17.461'). -Ría de Vigo: entre Punta Rodeira (519450,4678640) (-8º 45.938', 42º 15.465') e a punta sur do peirao Pesqueirodo Porto de Vigo (521770, 4676070) (-8º 44.265', 42º, 14.037'). -Ría de Baiona: entre Punta Lamela (512495,4667370) (-8º 51.012', 42º 09.384') e Punta do Boi (512335, 4664225)(-8º 51.132', 42º 07.684'). 2. Na provincia de Lugo: a menos de 250 metros das illas Coelleiras, Farallóns e Ansarón. 3. Na provincia da Coruña: a menos de 250 m do illote dos Aguillóns, illas Sisargas, Lobeiras e As Basoñas. a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR
|

