| Publicada la modificación de la Ley de Pesca de Galicia |
| martes, 15 de diciembre de 2009 | |
![]() LEGISLACIÓN> Ya ha salido publicada en el DOGA la modificación de la Ley de Pesca de Galicia. Este es el enlace:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/41F7A?OpenDocument
Los artículos que atañen a la pesca deportiva van del artículo 22 al 27.
Con posterioridad se desarrollará una orden reguladora o un decreto ley.
«Artigo 22º.-Definición. A pesca marítima de recreo é aquela que se practica por entretemento, deporte ou afección, sen ánimo de lucro, en perfecta harmonía e respecto co exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola profesional». Vinte e dous.-A letra c) do artigo 23º queda redactada do seguinte modo: «c) Pesca submarina, que se realizará nadando ou mergullando a pulmón libre.» Vinte e tres.-Engádese un artigo 23º bis coa seguinte redacción: «Artigo 23º bis.-Artes. 1. No exercicio da pesca marítima de recreo, xa sexa desde terra ou desde embarcación, unicamente se poderán empregar aparellos de anzol, sostidos pola man ou a cana. 2. Na práctica da pesca submarina unicamente se poderán empregar arpóns, frechas ou fisgas impulsadas pola man ou por medios mecánicos, e queda expresamente prohibido o emprego de equipos autónomos ou semiautónomos de mergullo, así como a utilización de artefactos hidroescorregadores ou similares. Nas embarcacións non se poderán levar a bordo simultaneamente arpóns de pesca e calquera dos equipos de mergullo anteriormente mencionados.» Vinte e catro.-Engádese un artigo 23º ter coa seguinte redacción: «Artigo 23º ter.-Especies. 1. No exercicio da pesca marítima de recreo soamente se poderán capturar peixes e cefalópodos. 2. As especies capturadas no exercicio da actividade pesqueira de recreo non poderán ser en ningún caso obxecto de venda ou comercialización directa ou indirecta». Vinte e cinco.-Engádese un artigo 23º quater coa seguinte redacción: «Artigo 23º quater.-Prohibicións. No exercicio da pesca marítima de recreo queda expresamente prohibido: a) A utilización de artes, aparellos e útiles distintos dos expresamente permitidos no artigo 23º bis. b) A utilización de substancias tóxicas, narcóticas, velenosas, detonantes, explosivas, corrosivas ou que contaminen o medio mariño. c) O emprego de luces e equipos eléctricos que sirvan de atracción para a pesca. d) A captura, a tenza e o desembarco de especies prohibidas, vedadas ou de tamaño ou peso inferior ao establecido regulamentariamente, as cales deberán ser devoltas decontado ao mar no caso de captura accidental. e) O exercicio da pesca recreativa submarina nas reservas mariñas así como nos canais navegables e de acceso aos portos, no interior deles e a menos de douscentos cincuenta metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas. f) O exercicio da pesca recreativa submarina desde o solpor ata o amencer. g) Obstaculizar ou interferir as faenas de pesca marítima profesional, marisqueira ou acuícola». Vinte e seis.-O artigo 26º queda redactado do seguinte modo: «Artigo 26º.-Medidas de ordenación. 1. Seranlle aplicables á pesca marítima de recreo as medidas de protección e conservación dos recursos pesqueiros establecidas para a pesca marítima profesional. 2. Malia o anterior, a consellaría competente en materia de pesca poderá establecer medidas específicas para a pesca recreativa por razón da protección e conservación dos recursos pesqueiros, co fin de que esta non interfira ou prexudique a actividade pesqueira profesional. 3. Estas medidas poderán consistir, entre outras, en: a) O establecemento de vedas temporais ou zonais. b) A prohibición de métodos, artes ou instrumentos de pesca. c) A determinación de tempos máximos de pesca, co obxecto de facilitar o control, a conservación dos recursos pesqueiros e a compatibilización da pesca profesional e recreativa. d) A fixación do volume máximo de capturas por persoa, barco, día e especie ou grupos de especies, así como das tallas ou dos pesos mínimos, que non poderán ser inferiores aos establecidos para a pesca profesional. e) A delimitación de zonas para a práctica da pesca recreativa submarina». Vinte e sete.-A letra a) do artigo 29º queda redactada do seguinte modo: «a) Zonas de libre marisqueo: bancos naturais cuxa explotación non está suxeita a unha autorización ou concesión administrativa. A consellaría competente determinará periodicamente as zonas de libre marisqueo, coa participación do sector na determinación das devanditas zonas».
|

